O tempo é denso, escuro, imperfecto.
Hai momentos que se convirten en toda a esperzanza que cabe neste mundo, e que convén polo tanto rememorar unha e outra vez, reconstruilos pouco a pouco cada día, coa minuciosidade coa que se construén as cousas que sabemos deben durar toda unha vida. O tempo é denso, pero é posible lembrar eses instantes e recuperar o sorriso con cada golpe da memoria.
Existe na memoria un nome , unha voz, unha ollada limpa nun rostro luminoso. Creo que esta forma de lembrar é moi parecida ao amor...ou mesmo sexa amor...compoñer mentalmente ese momento e facelo meu, só meu...para que ninguén poida quitarmo nunca, ainda que pasen mil cousas e mil anos, e nada remate por suceder como debería...
No hay comentarios:
Publicar un comentario