Abrese ante min un tempo novo, unha doce esperanza, necesaria. Tiña fame nos ollos e atopei un descanso á beira do camiño. Fun feliz nunha mañá de sábado que ulía finais de verán. Ou eso cría, quen sabe. A miña frase recurrente, uns versos de Biedma son como unha especie de salvavidas "la vida nos sujeta porque precisamente no es como la esperábamos" e así, un día todo comeza de novo na miña cabeza, unha luz distinta, novas oportunidades e novas ilusións. Tranquilidade.
*
Tiña o pelo rizado, cada pelo era como un muelle, todo xunto nas mans era suave e mullido, agradable. Imaxinei a vida enteira no medio dese cabelo, e asemellábase moito á felicidade. Percibín o seu cheiro, agrio baixo o sol, pero non me importaba nada. Que cheire, me dixen, que así lembrarei mellor este preciso instante. E os seus brazos musculados, ou non, xa non sei. Pero estaba en frente, sorrindo, como un deus saído da nada para devolverme á vida en setembro.
Tiña ganas de quedarme para sempre sentada na rúa, cálidamente abrazada a esa esperanza. O tempo escurríaseme entre os dedos e quizais durou tan só unhas horas aquela emoción, ou foi unha eternidade. Era a Reina de Palandria nunha viaxe a terras lonxanas, descubrindo novos horizontes e colonizando un corazón nunha soleada maña de setembro. Quizais a viaxe rematou e agora , de volta á casa todo siga igual. Pero as viaxes nunca son para nada, sempre traes vivencias, cousas que lembrar...El era archiduque, por suposto que non estaba á miña altura, eu son raíña, e eso pesa moito. Ademais ningún dos dous pensou por un intre renunciar ao seu territorio.
Na despedida non existiron palabras. Eu teño o tacto do seu cabelo pegado e con iso debería bastar. Palandria está coma sempre, xa sabes, todo tirado e con certo desorden persoal, algo descolorida, pero sempre en construcción. Non teño archiduque que plante flores no xardín pero non ten demasiada importancia...
No hay comentarios:
Publicar un comentario