Definitivamente instálome en setembro para quedarme, quero vivir aquí, nos seus días calurosos sin abrasar, nas súas noites cálidas e longas con sorpresas acechando detrás de cada esquina, no seu aire limpo, na promesa dun futuro mellor ou polo menos distinto prendida en cada obxecto que me rodea...Mudo o meu corazón a setembro, para ser máis eu ca nunca, para sentir e vivir máis ca nunca.
De pronto os días énchense de todo, e un soriso é suficiente equipaxe para percorrer camiños novos, ainda non descubertos nunca.
A xente voltou a ser guapa baixo a luz de setembro, como si de maxia se tratase a cidade encheuso de xente fermosa que se mostra feliz. Todo recobra as posicións orixinais e a rutina parece intalarse como un bálsamo nas rúas da cidade. A sensación é sinxela, as cousas están ben como están...e seguramente irán a mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario