Remata o verán dando unha pequena tregua ,setembro non quere agonizar en bágoas e por iso se comporta como esperamos. A través do facebook, esa fiestra, recibín unha sorpresa inesperada, chegada doutro tempo, casi doutro mundo. Supoño que ese o sentido de tal páxina web, transportarnos ao pasado por sorpresa, sin que o agardasemos: estás dando unha volta polas novas publicacións, un tanto aburrida e despistada, cotilleando de aquí e de acolá, cando de pronto te atopas cuns ollos azuis que crías non voltarías a ver nunca máis. No seu día aqueles ollos eran casi adolescentes, e tiñan a inocencia toda dos que comezan a andar polo mundo. Era uns ollos azuis -azul intenso- que cautivaron o meu corazón tamén casi adolescente, non sin tremendas esceas de desamor, de paixón e mesmo de celos. Eran outros tempos, e o amor tomaba sempre unha dimensión catastrofista e totalizadora, por aqueles tempos o mundo comezaba e remataba naquela ollada azul que se prolongaba máis alá da miña realidade. Eran tempos de apuntes de Dereito, de noites en vela falando do paso da vida sobre as nosas costas, xogando a sentirnos adultos nun mundo que ainda se nos quedaba demasiado grande. Eran tempos de coñecemento de casi todo, pero no erro sempre de que non tiñamos nada que aprender...En fin, aqueles anos de universidade nos que o amor era coma o vento, veloz, fugaz, inesperado, turbulento ás veces.
O facebook devolveume a eses ollos como por arte de maxia, así, nun segundo no que crin que ía chorar de emoción. Unha fotografía súa, que me taladrou dende o outro lado da pantalla do ordenador como si se tratase dun raio. Logo viñeron detrás máis fotos, pero a sensación xa non foi a mesma. As seguintes analiceinas pausadamente, como quen analiza un cadaver que aparece abandonado nun bosque despois de semanas de búsqueda, casi con complacencia de forense entreado ao seu, buscando en cada xesto, en cada detalle da súa fisionomía o paso do tempo e os ragos que ainda me lembran ao home que eu coñecín fai tantos anos. Pero a primeira...deus, a primeira. Foi coma un soño, como si me golpeasen, como si o tempo se parase xusto nese intre, e nada houbese cambiado. Alí estaba él, coma si sempre estivese agardándome.
No hay comentarios:
Publicar un comentario