13 agosto, 2009

50 Anos depois


Hai momentos nos que o mundo se para e só sintes a emoción dese instante, que se che clava na pel, na alma, para encherte de enerxía. Fun a ver a un paiaso sobre o escenario cantando cancións dunha época que me resulta lonxana, e xa na primeira canción dinme conta de que de rir nada. Aquelo ía de emocións , desas que che percorren o corpo , que te marcan para sempre.

Raphael cantou cunha voz que non é deste mundo, e interpretou cada letra con vocación actoral, enchendo o escenario coa súa presencia. Si me din que me tremería o corpo todo ao escoitar letras como "Siempre estás diciendo que te vas" , "Para volver a volver" ou " Que sabe nadie" non o creería, e sin embargo, alí estaba eu, coas bágoas asomando sin pudor e unha felicidade inmensa instalada nas entrañas.

Non só fun feliz, non só sentín que na vida existen momentos marabillosos que merecen a pena, si non que vin como se activaban en min resortes que cría estaban xa mortos. A felicidade tiña un nome , unha voz, un andar e unha ollada inesquecibles. Era Raphael, tan xoven e tan vello, vestido de negro, emocionado e entregado, coa garganta aberta e o corazón volcado no escenario. Raphael recordando, Raphael sentindo, vivindo, transmitindo,...cantando.E a noite cobrou unha dimensión nova, algo que lembrar para sempre...,algo do que botar man cando todo vaia mal, algo para contar.

E nada serve, nada chega a tocarche a fibra sensible si non pos en cada xesto un pouco de ti mesmo. Porque no fondo un vese reflexado en cada verba, en cada nota. E alí estaba él, máis que amigo, compartindo a música e o amor, o pasado e o futuro. Ese instante eterno. Compartindo a miña felicidade.

1 comentario:

[alec] dijo...

Qué bonito!! Me alegro de que lo pasaras tan bien. Hay momentos únicos, preciosos, que recordar en "ese otro tipo de días"...