08 agosto, 2009

Vértigo

Teño a tristeza toda do mundo entre os dedos, densa e amarga. E moito dicir, verdade, a tristeza toda do mundo...e sin embargo penso que non cabe máis desolación nunhas pupilas nin máis dor concentrada nun corpo. Son unha boneca rota, outra vez, e non teño excusa. A culpa non xoga un papel demasiado importante, tan só importa este sentimento de frio na alma, de soedade de repente , insoportable, de vértigo. A nostalxia é unha ameaza noxenta que me atormenta, teño medo, medo de non poder soportar o paso dos días mirando atrás cada segundo, lembrando...sempre de aquí en diante lembrando...A tristeza toda do mundo...o tempo suspendido neste intre no que escribo, as bágoas esperando o seu turno. Non quero pensar, non quero morrer de novo por un desamor de contrabando, non quero sentir lástima de min. E sin embargo, doulle voltas e voltas e tan só me queda a amargura dun segundo que se fai infinito, que non cesa, que non me deixa ver a felicidade.

No hay comentarios: