Nunca chove que non escampe, e precisamente esta é a grandeza do mundo no que vivimos. Un día todo está nublado, non hai esperanza posible e a caída ao pozo parece irremediable, e ao día seguinte, todo cobra unha dimensión distinta, e a realidade comeza a perfilar pequenas pingas de posible felicidade. Hoxe abrirónse varias fiestras e ainda que hai ameazas con mans moi longas, tamén cabe o optimismo. Así que, dende esta esquiniña na que me atopo, coma sempre agardando a que todo na miña mente acabe ao fin de definirse, teño a certeza de que nos próximos días todo irá a mellor.
Outro refrán no que confío é aquel que di, "cando non sabes que facer, fai o que debes" Eso fixen cando soupen que non podía máis, cando me atopaba perdida e desorientada. E despois de todo, nada é tan terrible e as solucións acaban por aparecer. Mentres pequenos salvavidas fan que nos manteñamos a flote de xeito natural. Cando todo vai mal, non queda outra, hai que remontar.
1 comentario:
Me alegro muchísimo de que estés mejor, Emma. Y me ha encantado ese dicho de "cuando no sepas qué hacer, haz lo que debes", creo que se ha convertido en mi favorito junto a "si lo que vas a decir no es más bello que el silencio entonces no merece romperlo".
Muchos besotes cariño
Publicar un comentario