O evento foi na cidade e eu pequei de novata. Non tódolos días acude unha a unha gala de entrega de premios, e claro, a cousa prometía diversión e glamour a feixes. Pero esquecín un dato importantísimo, estamos en Galicia e a cousa da para o que da. Si digo que a gala foi mínimamente dixerible, pásome de xenerosa. Porque caspa había para dar e tomar, e salvo algún agradecemento con discurso político implícito e nalgún caso explícito, directo aos corazóns dos defensores dese "bilingüismo" reinventado polo novo goberno, non atopei nada digno de mención. Os premios estaban máis que dados, e tampouco había moito donde escoller, pero parece que nin deu a cousa para sorpresas, xa se sabe, os cartos chaman máis aos premios que o talento. Non tivo sorte o único nominado que eu coñecía, e recoñezo que a entrega do premio a mellor curtametraxe de ficción foi o único momento emocionante que vivín no auditorio. Porque a posta en escea do espectáculo, o presentador farandulero aburrido e excesivo por igual, os guións sosos e carentes de gracia entre os que entregaban os premios, e en xeral todo o alí acontecido foi tedioso e cargante. E a esto hai que engadir o inconvinte de que se trataba dun programa de televisión, cos seus cortes publicitarios e as indicacións que se dan ao público nestes casos.
Despois os pinchos, algo así como unha verbena de pueblo na que lucir modelitos e deixarse ver. De glamour nada, por certo. Abundaban as "chonis" do mundo do artisteo, que se paseaban axitadamente dun lado para outro como si estivesen moi ocupadas. Revoloteaban os famosillos de medio pelo deixándose fotografiar coa pouca plebe que alí se atopaba, e os máis divos -tipo Tósar, Manquiña e outros...- intentaban facer gala do seu xenio e figura cunha pose entre prepotente e pseudointelectual.
Cando vas só mirar todo suma, e ainda que te aburras como unha ostra sempre se saca algo de partido. Despois da festa veu a noite, que prometía máis. Dispersouse o mundo da farándula galega polos pubs da cidade, para rematar casi todos no Karma. Nunca tanto actorazo se viu xunto nun local no que sempre acabamos os mesmos. Fixen un intento de falar cos rapaciños de Pradolongo, pero xa se lles subiu a fama - ou os porros- e comportaronse como o faría o mesmo Brad Pitt. Abraiada quedei. Despois de tal decepción optei por pasar do resto como si nada. En resume, ao audiovisual galego ainda lle queda moito por andar e moita caspa que limpar das chaquetas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario