Non sempre a chuvia entristece os corazóns, non sempre a chuvia nos volve nostálxicos. Hai días grises que sin embargo teñen para un a frescura dun día de primavera que pode ser excepcional. Todo está nas nosas cabezas, así de sinxelo. O resorte da melancolía non se activou nesta maña de luns, na que chuvia saúda coa suavidade das tormentas de verán. Pensei na tristura de Jorge de onte pola noite, que me colleu por sorpresa, él que sempre é tan sereno, tan fuerte, tan estable. E dinme conta de que todos somos mortais e todos temos pantasmas e todos podemos , nun momento dado, sacar coellos dos chapeus.
E logo pensei no amor, esa cousa extraña que alguén inventou para non ter que falar tan só de sexo. E pensei en ti, coma sempre. Que non eres Jorge, que non poderías ser nunca Jorge, pero que poderías colmarme de ledicia. Cos anos unha perde a perspectiva do amor. Xa non perde a razón por uns bicos roubados nin se namora ao cruzar unha esquina. Escolle. Ou mellor dito, faise escollida, e non lle vale calquera. Procura unha o talento, a intelixencia, a risa, a armonía, a beleza, a tranquilidade...O amor vóltase utopía e tan só cres que o sexo pode cumplir as túas expectativas. Pero eu penso en ti, e sei que eres eso que busco, incluso algo máis. Porque por riba de calquera outra certeza, ti existes e de vez en cando saes á rúa a pasear a túa tristeza.
Quizais a chuvia trae máis morriña que felicidade, pero tamén nas pingas de auga podo recorrer os camiños precisos para chegar a un anaco de tempo inesquecible. Un anaco na beira de Maio, con olor a terra mollada, a canciño agarimoso que sacude o pelo antes de vir a lamberche as mans. Non fago nada concreto, nada extraordinario, tan só vivo o segundo no que escribo como o último segundo da miña vida...penso nas cousas que me trouxeron ata aquí e sinto o corpo sobre o chan, a gravedade que tira por min...Estou viva e ule a terra mollada. Primavera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario