02 julio, 2015

https://www.youtube.com/watch?v=4xHf4YnRtnA
"E quero vivir ao ritmo do que vive ilusionado..."
***

Custa crer que algúns acontecemetos da nosa vida cobren tal relevancia co paso dos días que mesmo cheguen a ser o motor de arranque de todas as nosas ilusións e esperanzas. Pero ás veces así é. Sucede algo, que dura apenas un lapso de tempo, horas como moito. E  a  partir de ahí, a nosa imaxinación fai o resto. Vai tecendo unha rede de ensoñación, de fantasía,  de desexos, de ilusión ao fin e ao cabo, que nos mantén alegres dende a mañá ata a noite, como si estivesemos baixo a influencia dalgún feitizo. E somos felices. Porque culpa da felicidade ten moita a ilusión. Esa ilusión que pode nacer dun encontro especial, dunha expectativa posta no futuro, duns plans que estemos a trazar, ou mesmo duns bicos que se quedaron cravados no fondo das entrañas. A ilusión é un potente combustible para os soños, para a perseverancia. E para a esperanza tamén.

 

No hay comentarios: