28 junio, 2015

Whole Wide World













Ás veces pasa que eres tan feliz que comezas a ter medo de que tanta felicidade non pode durar. A ter medo de que de pronto suceda algo malo, málisimo, que esté a altura de todas as cousas boas que che sucederon últimamente, unha especie de compensación cósmica que funciona como unha lei natural. 
Eu vivo sumida nese temor nos últimos meses, casi agardando unha mala noticia. Desexando que chegue canto antes, na creencia de que canto máis tarde en chegar peor serán as consecuencias. Pero todo me sae ben. E son feliz. E cando pensas que nada máis bo pode acontecer, vai e acontece. Entón, intento, para eludir os meus temores, relativizar un pouco tanta felicidade. Buscar o lado negativo das cousas. Tranquilizarme. Ser un pouco infeliz. E doume conta de que todo, ao fin e ao cabo, non é máis que un estado de ánimo. Estou ben comigo mesma, estou ben cos demais. E non lles exixo nin me exixo demasiado. Quizais o que eu chamo felicidade non sexa máis que madurez. Quen sabe.

No hay comentarios: