08 julio, 2015

As vantaxes dun ex


Desfacerse dun ex parece a primeira vista tarefa fácil. Pero non. O que apenas foi unha relación dun ano convértese nun problema de por vida. Un ex é unha rémora que arrastramos ao longo de toda a nosa existencia sen remedio. Non da tregua. Nos seus momentos felices, cando se sinta pletórico, namorado doutra ou acabe de recibir unha herencia, terás a sensación de que por fin te libraches del, pero non. A vida é puñetera e no primeiro revés que se lle presente volverá a chamarte co pretexto de chorar sobre o teu ombro a súa tristura, e acabara na túa cama se non te andas con coidado. Un ex nunca perde o teu número de teléfono. Finxirá que o borra mil veces. Bloquearache o whatsapp e o Facebook, pero non. O día menos pensado reaparecerá no teu teléfono coa súa cara sorinte na foto de perfil e as súas mensaxes estarán ahí para darche os bos días e as boas noites. Un ex perservera. Intenta recuperar a sensación que tiña cando o amabas. Non segue queréndote, non. Non se trata diso. O que bota de menos é sentir cómo se sentía cando ti o querías. E por ver iso nos teus ollos, por recuperar ainda que só sexa por uns segundos aquela sensación, un ex fai o que sexa. O que teña que facer. Convidarate a comer. Regalarache un libro cunha dedicatoria nostáxica. Levarate a París. Á lúa se fai falta. Un mozo dura o que dura, pero un ex é para toda a vida. E o mellor que podes facer é asumilo canto antes. Poñer o teu corazón a salvo e seguirlle a corrente. Follalo se che apetece. Comer con el cando non teñas mellores plans. Chamalo para beber uns tequilas a golpe de martes depois de ter un día duro no traballo. Un ex é coma unha rémora. Voraz. Interesado. Dependiente. ¿E cal é a vantaxe de todo isto? Que si estás moi namorada do teu mozo e te deixa, non tes que preocuparte. Porque como ex sempre estará ahí.

1 comentario:

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.