07 julio, 2015

¿Por qué bebo un luns?


É unha boa pregunta. A única que se me ocurre cando me levanto un martes ás sete da mañá cun exército de monos tocando o tambor dentro da miña cabeza. Celebrar a vida un luns é o que ten. Pero as consecuencias hoxe son moito máis que dor de cabeza e certa desconcentración no traballo. A min as resacas dos martes – ata hoxe non o sabía con certeza- véñenme acompañadas de nostalxia de bicos. De pronto boto en falta os bicos todos da miña vida, e fago memoria de cada un deles de xeito obsesivo. Compulsivo. Resulta incluso aterrador. A cabeza estállame en mil pedazos e eu repaso bico tras bico, tras bico…ata chegar ao mareo. Á náusea. Porque o regusto dun bico que pasou, que se lembra con algo de morriña, é doce. Alegra o día. Fai sorrir. Pero cando miles de bicos con lingua se agolpan no teu subconsciente (ou consciente) e. che enchen de babas as ideas, cando non che deixan pensar con claridade, cando mesmo te colocan un pouco ao borde da loucura…pois xa deixa de ter gracia.

E entón cobra máis forza a pregunta. Resoa entre as paredes do meu despacho. ¿Por qué carallo bebo un luns?

No hay comentarios: