04 julio, 2015


Hoxe celébrase o desfile do Orgullo en Madrid. E eu non estou alí. Puiden ir, si. E ata pensei en ir de arroutada, pero ao final pesou máis o deber, e aquí estou. Rabexando. E nostálxica. Porque eu hoxe quería estar alí, celebrando os dez anos da lei de matrimonios homosexuais, no medio do bullicio da manifestación, do desfile ou do que queira que sexa aquilo. Con Alex e Jacobo.

 

***

Onte atopámonos de novo. Non nos atrevimos a mirarnos aos ollos. Non ao principio. Eu púxenme digna porque a última vez ela deixoume plantada nunha praza despois de bicarme. Fuxiu atormentada pola culpa, sin ningunha contemplación.

Onte colocouse detrás de min e bailou casi rozándome. Pero ben se coidaba de non facelo. Supoño que esperando que fose eu quen lle acariciase levemente unha man ou lle tocase o brazo. Agardando quizais que lle falase. Pero non fixen nada. E marchou.

No segundo local que nos vimos tivemos unha segunda oportunidade. Mirámonos aos ollos polo medio da xente. Sorriu. E púxose a bailar soa sabedora de que a estaba contemplando. Logo achegouse. Un abrazo. Unha caricia na espalda. Faloume casi ao oído, e eu sentín o seu olor, entre sudor e perfume. A súa man na miña cintura. A miña man na súa cintura. “Estás moi guapa”, espeteille carente de toda orixinalidade. E ela, recibiu o piropo con agrado, e díxome que non, que sin sostén e coas súas tetas pequenas e caídas. Sin sostén coas súas tetas pequenas e caídas. E tocouse os peitos. E conduciu a miña man ao medio da súa espalda para que comprobase que era certo. Que non levaba sostén. E logo, conduciuna amodiño á parte de diante. Para que comprobase que eran pequenas e caídas. Non era certo. E collímonos da man. Un anaco, non sei. Sen dicir nada. Tiña que marchar. Marchou soa. Sen apartar a vista de min mentres camiñaba ata a porta do pub. Esta vez falándome cos ollos. Sen dúbida quería que a acompañase, e eu simplemente non podía. Ás veces non podes, porque estás con alguén, porque tes unha responsabilidade, polo que sexa.

E así quedou a cousa.

No hay comentarios: