04 abril, 2011

A noticia saltou aos medios, e en xeral ao espacio enteiro respirable o sábado día dous de abril , sin pillarnos por sorpresa, e quizais por iso tivemos e temos , ración doble de artigos de opinión nos xornais e debates na televisión e en todas as emisoras de radio durante 24 horas ao día sobre o asunto :ZP non voltará a presentarse ás elección no 2012.

Podería poñerme a colgar aquí links dunhas páxinas e outras, sobre todo aquelas que me emocionaron de xeito extraordinario, pero son tantas as voltas que lle están dando ao adeus -aplazado de feito no tempo- de José Luis Rodríguez Zapatero, e á sucecisión que terá que levarse a cabo dentro do Partido Socialista, que non sabería por donde comezar a pinchar enlaces.

*

Eu de Zapatero quédome coas verbas que lle dedicou Juan José Millás no diario O País o pasado domingo, con ese sentimento que tantos compartimos, a pesar do malestar que resoa polos bares e se reflexa nas enquisas.

*

Logo unha ten as súas propias batallas , que me fan pensar que a min esto da sucesión pilloume nun momento persoal no que non podo permitirme involucrarme en certas encrucilladas que se xogan noutras canchas.

*

Ao ler nos xornais que está a chegar a primavera, recupero un pouco a esperanza.

*

Imaxinei outra forma de vida distinta e logo sobreviu un alivio que me fixo sentirme cómoda por primeira vez en varios días. A liberdade é algo semellante ao non ter nada que perder, a esa forza que da o feito de saber que todo o malo que che pode pasar non se diferencia moito de todo o bon que che prometen.

Nesa forma de vida había un xeito natural e placenteiro de levar os días, entre unha cervexa cos amigos e o xesto tenro de dar de mamar a un carneiro que corretea polo prado.

*

Non teño medo.


No hay comentarios: