"Todas as manhas avisto da minha janela ramelada aquele parzinho a despedir-se, na esquina da Avenida em frente.
Apertam as mãos, aproximam os bafos, requbram-se, cheiram-se, torcem-se, hesitam em beijar-se, talvez se beijem...
Depois sepram-se com muitos adeuses nos olhos e nas mãos...Oxalá sintam atracção verdadeira um pelo outro, tenhan carne de íman um par o outro e passem o día a respirar com dificultde, suspirosos um do outro...
A juventude sem isso é impura."
***
Lembrei o día de hoxe , fai xa dous anos. El cumplía anos na data sinalada, nove de abril, e eu estaba de viaxe porque a data coincidía coa Semana Santa. Estaba en Portimão e lembro que lle enviei un email polo facebook desexándolle un feliz cumpleanos. Logo sucederon cousas, quizais malentendidos, non sei, o caso é que eu un día quixen borrar de súpeto todas as canles de comunicación. Sei que foi un intento de vivir e deixar virvir, sin máis. As conversas cíclicas e imposibles polo chat non conducían a ningures, e eu , sentíame ás veces triste, ás veces ferida, ás veces farta de todo aquilo. Así que fixen o máis fácil, intentar esquecelo suprimíndoo da miña realidade, da pantalla do meu ordenador, do meu facebook.
Pero fai só dous anos que era nove de abril e eu estaba nun hotel no Algarve e lembrábame del . Hoxe a data lembrouma o xornal, coma si dunha personaxe famosa se tratase. E lamentei non ter maneira de comunicarme -brevemente- con él para dicirlle que sexa feliz, que cumpla moitos máis...e todas esas cousas que acompañán a tal data sinalda.
***
E tarde para lamentacións, cedo para nostalxias. No medio desta bruma de indecisión, deume por pensar nun nome, nun estado de ánimo, nunha maneira peculiar de estar na vida e nas cousas.
Tres homes, un arquetipo común, unha forma de falar e de ollar, de coquetear coas palabras e de mentir de xeito doce e sin que pareza malintencionado: R. V. A.
1 comentario:
R.V.A...arquetipo donutero.
Publicar un comentario