11 abril, 2011

Tecleo as miñas claves persoais sin pensar, por unha especie de inercia inconsciente que me fai escribilas a toda velocidade, sin apenas equivocarme nunca...Manexo un número bastante alto, e nunca me fago un lío. Está a do meu correo persoal, a do facebook, a de dous ou incluso tres correos que consulto de cando en vez, a do meu correo falso para ligues indesexables, o meu correo masculino e o correo do traballo, a do programa informático do servizo de consumo , a do mesenger, a deste blog...En total igual suman máis de cincuenta claves distintas que non teño apuntadas en ningures e que non intercabio xamais nin por erro nin por olvido.

As veces teño un pesadelo , é recurrente, e faime despertar suorosa e inquieta. No sono desperto unha mañá calquera e non lembro ningunha das claves que conforman a miña vida e a organizan en diferentes webs de relevancia: traballo, amigos, ligues cibernéticos, foros de política...Si algún día esto algo así sucedese tería que comezar de novo, quizais sería algo semellante a voltar a nacer.

*

Desnamorarse non é algo que suceda cando o desexamos, pasa como co amor, unha non decide esas cousas. Pero ao igual que os sentimentos mandan e fan que nos namoremos perdidademente de persoas moitas veces que non nos conveñen e mesmo que nos fan sufrir, eses mesmos sentimentos ás veces convertense xusto no contrario.

O amor desaparece sin máis, igual que un día chegou arrasando con todo e nos fodeu ben fodidos. Desaparece e non deixa nin un mínimo regueiro de nostalxia. Podes ter diante de ti a aquel a quen tanto amaches que non serás capaz de recoñecelo cando o amor pasa dunha vez para sempre. Cando o amor morre, morre con el o ser amado. Quizais continúe vivindo no teu entorno e mesmo te cruces con el cada día no traballo ou na rúa ou no ximnasio ; ás veces é ese extraño que durme ao teu lado e che fala dos pagos da hipoteca e da comida dos domingos cos seus pais, pero xa non será nunca o home ao que amaches. Xa non voltarás a recoñecelo en ningures, quizais con sorte, algunha vez aflore no rostro de ese que agora se apoderou do corpo ao que tanto amamos un xesto que nos resulte extraordinariamente familiar, e que coma un perfume , nos traslade por uns segundos a un paisaxe lonxano, onde habitaba o amor. Máis nada.

No hay comentarios: