30 marzo, 2011

MENSAXE INDIRECTO POLO MEU BLOG DIRECTO: AO INTERESADO

Son tan inocente ás veces e teño tal confianza cega nas persoas que creo nas mans tendidas e nas boas intencións que trae detrás ese xesto que nalgunha ocasión ata tildo de heróico. Pero cando unha man tendida se pon en contradicción cunha ollada traidora, non teño dúbida, gana a traición. Porque a bondade das persoas refléxase nos seus ollos como si dun espello se tratase, e calquera pode falarme con verbas amables e brindarme a súa axuda desinteresada, que de nada me serve si vexo nos seus ollos esa mirada clarificadora de estar jodéndome por detrás.
* Querido señor F,
Podía dicirche moitas cousas, incluso encher este espacio de reproches e tamén, si me da por ahí ,enchelo de nostalxia. Pero o certo é que non me queda nostalxia da que tirar para seguir sentindo por ti un mínimo de respeto; xa non digo nada do afecto doutros tempos.

De lonxe mírasme con certo desprecio na mirada, con noxo. Se fose un bicho ao que puideses aplastar entón non dubidarías en facelo. É o prezo que estás a pagar por unha silla que non che corresponde entre catro paredes nas que vendes a túa alma por 200 euros máis na túa nómina.

A lealtade comeza polo respeto a un mesmo, e o respeto implica non apuñalar por detrás as persoas que noutros tempos te quixeron, e mesmo que quixeses.

Así que, escríboche aquí , ignorando si todavía segues ou non a ler este blog. Non creo que che sirvan de moito as miñas palabras, quizais o único que consigan e estropear máis as cousas , si eso é posible a estas alturas da película.

Que tiven un gran aprecio por ti, supoño que o sabes. Que nestes días o que desexaba era convidarte a un café e preguntarche polas túas cousas, esas pequenas cousas cotiás que enchen a nosa vida familiar e constrúen o noso horizonte. Quería preguntarche pola túa muller, polos seus problemas de saúde, pola túa nai, pola túa hipoteca...Quería abrazar a realidade do que fumos e do que somos agora e buscar entre os escombros do que quedou de nós, un pedazo por onde comezar a reconstruír o noso.

E sin embargo, chégame a túa ollada como un raio que me parte en dúas, que me decepciona , que me fire...que me fai esquecerte para sempre.

Este é o meu adeus. Non cabe outro, nin máis cercano nin máis concreto. Considerábate un amigo e quería loitar por ti. Agora...só espero que leas esto e descubrir na túa mirada que o liches e que non nos queda nada máis que dicirnos.

No hay comentarios: