Pódese pensar que un ano e medio non é nada, pero un ano e medio é moito tempo si durante ese tempo ainda van seguir morrendo touros nas prazas de Cataluña. Por fin o Parlamento de Cataluña aprobou onte unha lei que prohibe as touradas e que entrará en vigor a partir de xaneiro do 2012. Foron tan só trece votos de diferencia, pero non só foron trece votos, senón un gran avance para os que coma min somos antitouradas. A piques de que comecen as touradas nesta cidade que xa casi fixen miña, Pontevedra, a noticia chégame con certa esperanza e éncheme de optimismo. Gustaríame ver por fin a plaza de touros de Pontevedra pechada á masacre dos touros para sempre, acabar con esa barbarie inconcebible xa nos tempos nos que vivimos.
Odio as touradas, iso non é sorpresa para ninguén. O que si me sorprende a min é que os que votaron a favor das touradas no Parlamento de Cataluña o fagan en nome da liberdade, porque a liberdade ata onde eu chego, e facer o que un quiera sin pasar por riba dos dereitos dos demais. E masacrar animais dun xeito cruel para divertimento dunha panda de adiñeirados superficiais e sin sentimentos non creo que teña nada que ver coa liberdade.
Fai uns anos entrei por primeria e última vez na praza de touros de Pontevedra para asistir persoalmente a ese espectáculo mais propio de seres incivilizados e incultos que de seres do século XXI. Pasei das bágoas á rabia e logo ao noxo e comprendín, cando vin a nenos e nenas de cinco e menos anos incluso, acompañados dos seus pais, vestidos con pantalóns curtos e vestidiños de princesa cheos de lazadas de raso, coreando histéricos a caída do touro na area escupindo sangue coma un surtidor mentres os seus ollos pedían clemencia, comprendín digo, que algo está fallando nesta cidade e nesta sociedade , e que dende logo , esto non é liberdade. Igual que liberdade non é dar pedradas a un can na rúa ata que morra ou torturar a calquera tipo de animal para disfrute duns poucos que pagaron previamente un diñeiral.
Pero a decisíón de onte do Parlament de Cataluña, sumado á prohibición das touradas no 91 en Canarias é un indicador evidente de que algo está mudando e que neste campo xa non se pode mirar para outro lado. España non é esa terra que queren vender aos turistas, onde todo é folklore e touros. España é cultura e é tamén valores democráticos. Hoxe síntome satisfeita ainda que sei que esta é tan só unha batalla.
Dentro de dous días morrerán en Pontevedra doce touros nunha fin de semana. Eu non podo facer nada, ou ao menos así o sinto. Sempre digo que estaría disposta a encadearme espida á beira da porta da praza , co corpo todo pintado de sangre ,como protesta por tal masacre, ainda sabendo o que tal feito supón nunha cidade-pobo como é Pontevedriña. Pero nunca me atrevín a facelo soa. No fondo fáltame coraxe. E o único que fago é fuxir da cidade para non ver o espectáculo lamentable no que se convirte a cidade enteira, tanto os que entran na praza a axitar panos brancos e pedir que despedacen ao touro no último xesto de indignidade ao que o someten despois da tortura e da morte, como os que non entran na praza, pero se visten as súas camisetas de peñas e din que lles interesa das touradas o que conleva de feste e borracheira. Non nos equivoquemos, a festa coñecida en Pontevedra como "as peñas" xira en torno a unha masacre que move montañas de cartos e de outro tipo de intereses, e eses xoves -tan lúcidos para outras cousas- non fan máis que facerlle o caldo gordo a ese negocio e a esa masacre co único xesto de comprar unha camiseta de dez euos que leva un touro pintado nas costas e agarran un calimocho coma si non existise un mañá. Odio as touradas e as festas que xiran en torno a elas e as poñen como excusa. Nunca participei nesa festa e nunca o farei, porque para min , dentro ou fóra da praza, as peñas significan que seis touros van a morrer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario