Derréteseme o verán entre os dedos casi sin darme conta, e vaise derramando polas esquinas. Pinga a pinga quédame só o próximo outono no horizonte como a única promesa verdadeira. Hoxe é un día gris, que se ve verde denda a fiestra da cociña da casa dos meus pais. Pero neste preciso momento da tarde eu non estou aquí, sentada diante a pantalla do ordenador vendo a paisaxe dun día verde ao outro lado dos cristais. Neste instante, eu estou desnuda ,completamente desnuda, sentindo o frío agradable das baldosas nos pés, e así, co único tacto do chan na a pel bailo a voz suave de Toni Zenet como si o mundo rematase cando remate a música.
A música faise nostalxia en cada nota pero invita á felicidade, ou polo menos á posibilidade remota dalgunha felicidade. Existiu o amor, non cabe dúbida, e agora, na soedade de cada acorde , en cada susurro da súa voz, encontro a promesa dun futuro mellor. Bailar é a salvación neste día verde que non se asemella a ningún outro día. Un día verde que se me está clavando moi dentro, que mesmo me está causando unha dor doce, desas que sabes que levan no pecado a penitencia.
"Déjame esta noche soñar contigo/ déjame imaginarme en tus labios los míos / déjame que me crea que te vuelvo loca, /déjame que yo sea quien te quite la ropa..."
Cando o verán se escapa deixando todavía a promesa dun día posible podo sentirme chea de ledicia. E nesta pista de baile improvisada, o chan branco e negro, os meus pes descalzos, os meus peitos libres, penso naquel home que me bicou da maneira que canta Zenet. Un bico que podería levarme a surcar calquera mar da China coa coraxe dun deus.
Si, o amor é posible, e tamén a vida, e as cousas menos importantes que se nos escapan a diario entre as agullas do reloxo.
Sigo bailando pero creo que xa non é nostalxia o que bailo , senón optimismo. Un optimismo raro, verde quizais como o día, que se parece moito a un nome e a unha estación, que se parece ao título dunha novela, a un peinado revolto, a un sorriso que o complicou todo.
Envielle a música como unha invitación a que danzase conmigo. Desnudo tamén, co cabelo ao vento sobre a miña pista de baile feita de futuro. E tan só nese xesto tan meu, no que él non ten por que sentirse involucrado sentínme casi feliz.
Se algún día deses coa maneira de facerte meu, eu amariate para sempre, pero de momento, conformome con que me deixes soñar contigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario