11 julio, 2010

Hoxe xógase a final do Mundial, momento histórico para tódolos españois porque é a primeira vez que España xoga unha finan nun mundial de futbol. Podemos ser campeóns do mundo e iso é algo que máis alá do fútbol nos vai encher de optimismo e de entusiasmo. O país volcouse no mundial como se dunha droga se tratase nestes tempos difíciles de subidas de IVE, leis polémicas , corrupción política, gobernanza da economía e o tambaleo constante do estado de benestar. E o fútbol foi o bálsamo curativo dunha sociedade crispada e doente que non chega a fin de mes e que se abandona ao seu destino con coraxe e valentía. O fútbol, e a selección puxeron nos rostros de todos nós un sorriso necesario, o corazón nun puño, a emoción toda dun país que necesita esta dosis de felicidade. Non decepcionou a selección e hoxe todos somos máis españois ca nunca , ainda que non entendamos nin papa de fútbol. Pero sairemos xunto á rúa orgullosos das cores da nosa bandeira, que agora sí sabemos o que significa. Nada ten que ver coa España rancia do franquismo, coa traxedia vivida naquela dictadura dos diaños e aquel viva España e hoxe un berro ben distinto que non soa a fascismo, senón a entusiamo. A bandeira hoxe non é patria, senón optimismo e unidade. O que une o fútbol parece que non é capaz de unilo a política, e o mérito da selección é precisamente ese, conseguir que este domingo día 11 de xullo sexa festa nacional, unha festa para nenos, adolescentes e maiores que vivirán o momento como o que é, un gran acontecemento, e que o gardarán para sempre nun recantiño da súa memoria.
Estou eu tamén eufórica, mezcla desta tormenta futbolística que nos vai arrastrando a todos partido a partido ao longo de todo o mundial, e mezcla dos acontecementos das última horas na miña vida persoal. Nada relevante, nada que mereza a pena recordarse de por vida, pero sí momentos extraños que te fan sentir dun xeito extraordinario.
Hoxe España vai gañar o Mundial. Non comprendo outro resultado.

No hay comentarios: