12 julio, 2010

Final do Mundial de Sudáfrica




Porque unha final non se xoga, porque unha final só pode ganarse é polo que España gañou o Mundial de Sudáfrica. Era un 11 de xullo ás once e vinte da noite, cando restaban tan só cinco minutos para o remate da prórroga, na mente de todos o abismo irremediable dos penaltis , a consagración de cadaquen á súa fe, santos, talismáns ou mesmo polbos con poderes , cando o meu móbil soaba dentro dun bolso amarelo e vermello mercado para a ocasión. Ao outro lado do teléfono a voz dunha amiga que coma todos xa daba o xogo por un partido convertido na cara ou cruz que supoñen os penaltis. Recriminábame con cariño que non fora ao baño o suficiente, que o meu "gafe" estaba a ser máis poderoso do habitual e que polo que máis quixera non vise os penaltis. Eu saín do bar para escoitar ben, para falar con ela, para compartir con ela ese momento de pesar tremendo -ainda non perderamos o Mundial pero estabamos xa en mans só da sorte- cando a sú a voz rompeu nun berro profundo que antes de mezclarse con tódolos berros da plaza de Ferrería de Pontevedra, dos berros do bar onde estaban os meus amigos vendo o partido, dos berros de toda España que se alzaba ao unísono cando Iniesta marcaba un gol, o gol definitivo do triunfo, foi só o seu berro, o seu gooooooooollllllllllllllllllllll cantado ao outro lado do teléfono. E eu, no medio da rúa, no portal dunha droguería da rúa Oliva, berrei con ela gol ao tempo que saltaba sola naquel portal , sin acabar de reaccionar de todo. Corrín ao bar a saltar cos demais , sin colgar o teléfono e na pantalla da tele vin a Casillas derrumbado no chan chorando coma un neno. Quedaban catro minutos de partido e España era campeona do mundo. "Pita, pita, pita...." foi o único que se escoitou nos seguintes minutos, coa emoción contida, para romper despois en xúbilo ,en loucura total , en euforia. Aplaudín, saltei, chorei...e iso que a min o fútbol dame igual. Pero algo debe ter cando levanta deste xeito a todo un país.


España facía historia pouco antes das doce da noite. Somos os campeóns do mundo despois dun partido que non foi fácil. Era a primeira vez que España ganaba un mundial. A primeira vez que un equipo ganaba un mundial despois de perder o primeiro partido. A primeira vez que se vía en directo un bico como o de Casillas á súa moza Sara Carbonero.


Hoxe ainda estamos que non podemos creelo, como si todavía estivesemos nun soño do que non queremos despertar. Eu miro as imaxes das rúas de Madrid, rebosantes de xente con bandeiras e camisetas de España e penso que o que está a acontecer é algo grande. De aquí en diante todos nos faremos algunha vez, moitas veces, esa pregunta ¿onde estabas ti o día que España gañou o Mundial de Sudáfrica? ¿Onde viches o gol de Iniesta que nos fixo campeóns? E eu, nunca esquecerei ese momento, no portal do Arenal da rúa Oliva de Pontevedra, con Cris desde Bueu cantando a viva voz un gol histórico.

No hay comentarios: