Supoño que estou saturada de actualidade, de política que rezuma corrupción, que si Camps, que si Cobo que si Mariano perdeu a paciencia…O PP anda como anda , pero sinceramente, non vexo eu que eso inflúa moito nos seus fieis seguidores, que en base a esa lealtade de partido, tan propia das dereitas, miran para outro lado, escurren o bulto nas conversas nos bares e cando se lles pregunta sobre o tema de xeito directo simplemente din que máis corrupción teñen os outros. Abúrrenme moito, moitísimo, os políticos de dereitas, incluso diría máis, os votantes de dereitas, que parece que van coma os burros, mirando cara adiente pase o que pase no seu entorno. Así que , tal e como está o panorama, asisto a él coma quen ve unha teleserie fulera con trama de novela negra e amores e desamores. E no medio de todo este berenxenal, dame algo de lástima Mariano, que permanece asido ao mástil dun barco que se afunde pouco a pouco. Pero a riqueza do PP é descomunal, ten a forza duns votantes nada críticos que só ven o que queren ver e aos que nos lles interesa demasiado a realidade. “Todos rouban”, din, e xustifican a política como un medio para conseguir beneficios a costa do público, e claro, así non se pode. Non me gusta xeneralizar, que de todo hai, e estou segura de que hai moita xente de dereitas que confía na democracia e nos seus princios e que ten certa honestidade e sentido crítico. Pero é que veño de pasar unhas semanas na miña aldea, e por alí as análises políticas que escoitei van máis na liña que antes explicaba. Ata lle chegou a dicir unha veciña á miña nai que no PP de Madrid non pasaba nada raro, e que tampouco había nada raro no caso Gürtel nin en Valencia.
De todos modos , hoxe non teño o día para batallas políticas, nin para outro tipo de batallas. Estou de volta en Pontevedra, con choiva e con frío. Con apatía. Non quero contar nada, nin escribir. Non sei por qué o fago entón, por inercia supoño.
Non teño necesidade de ningunha nostalxia, de ningunha emoción , de nada que non sexa a caricia lene desta climatoloxía que casi adormece. Sin pensar en casi nada, intentando adaptar os proxectos ao tempo real; a miña vida a esta cidade e ás súas miserias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario