Continúa chovendo sobre novembro, como si a chuvia fose o único do que podemos fiarnos. Non defrauda, da o que promete. Presinto tormentas nas madrugadas do meu corazón, e a posibilidade desas tormentas é o único que me mantén con vida. Todo o demais é paso do tempo sobre a cidade, xa sin tristeza nin nostalxia. O outono tamén pode ser simplemente unha paisaxe cotiá, un escenario que nos devolva á infancia e que nos faga sentirnos seguros. Un cuarto cheo de música, con olor a pachulí e a suavidade dunha manta de cuadros sobre os xeonllos. Mentres na rúa o vento ameaza con catastrofes e a chuvia canta unha canción monótona que de tanto repetirse se fai casi imperceptible.
Tirada no sofá só penso nesas tormentas interiores que sei que acabarán estallando. A ansiedade que me provoca a incertidume do que está por chegar...Un alento quente no pescozo, o roce do seu nariz na miña pel, as súas ganas e as miñas...como si se tratase dun pecado que nos levará a un inferno persoal, cada un ao seu. Pero igual que non se pode poñer freno á chuvia e ao vento, non se pode frenar os ciclóns que despertan ás veces cos desexos máis baixos e viles dos mortais. Continúa chovendo sobre novembro...

No hay comentarios:
Publicar un comentario