Os cronopios reconócense entre eles. Non sei si esto o lin no libro de Cortázar ou o quitei como conclusión despois de coñecer cómo eran estes seres e como se comportaban. Pero sei que é así. Cando dous cronopios se cruzan , nese simple xesto, ambolos dous recoñecense como da mesma especie e comparten unha cervexa. Así de sinxelo é para os cronopios contruir lazos. Porque non precisan máis que esa intuición que os une como un cordel invisible pero ao mesmo tempo inquebrantable, para saberse almas xemelgas. Nun clima así non pode menos que xurdir a empatía, a risa e o entretenmento, obiando todos os males deste mundo. Os cronopios son de natureza optimista e xeralmente andan polo mundo contentos da súa existencia. Pero tamén gardan no máis profundo do seu corazonciño grandes penas, quebrantos, derrotas e inseguridades. No fondo os cronopios son seres que buscan a felicidade –como todos- e comezan a súa búsqueda por eles mesmos, buscando no seu interior e proxectando esa imaxe de lecidia continua de cara aos demais. Cando se atopan, os cronopios , despois de beber, fálanse ollándose aos ollos directamente, e conversan sobre a vida co corazón na man. Son eles mesmos por fin, liberados desa coraza de eterna algarabía e dende o cariño sinxelo que aflora entre eles dende a primeira ollada, confésanse mutuamente as súas debilidades e comezan dende ese mesmo instante a ser amigos. Ninguén o saberá nunca, pensarán que son dous máis entre a multitude, que toman unha copa nun bar calquera mantendo unha conversa calquera e que despois desa copa e desa conversa non quedará nada .Só eles saben que a amistade que construiron será para sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario