27 noviembre, 2009

Adeus novembro, adeus



A cidade vestiuse de moda, ou de arte, que moitas veces é a mesma cousa. Pontevedra destila arte por cada poro, e iso acaba notándose no ambiente da cidade, que se fai agradecida as manifestacións estéticas que nos poden sorprender calquera día da semana en calquera recuncho.

Novembro despídese, con chuvia sobre os soños esquecidos. Sobre os corazóns rotos que xa non sufren por amor. Hai heroes de plastilina que se resisten a perder a felicidade. Todavía quedan as cores na imaxinación, ese impulso vital que nos leva a enfrentarnos ao abismo. Hai néboa en días longos que rematan nun vacío insoportable que non se repara con calor de estufa nin chocolate quente. Pero pola contra, hai voces que xurden dende a profundidade dun mundo que parecía inalcanzable, e que che abren a porta, e te convidan a unha caña , e fan que a túa tristura deixe de sentirse como unha lousa sobre a túa alma...

Novembro despídese e con el vaise demasiada nostalxia adormecida. Esquecer é moi sinxelo cando hai vontade de facelo. Cando o que quedou atrás non paga a pena, cando ao perder gañamos máis do que perdemos.

No hay comentarios: