Esto de roer as uñas é como o do alcolismo, nunca deixa unha o vicio de todo e nunca se sabe cando estalla un cataclismo que che leva de novo a man á boca. De momento controlo a tentación.
*
Cando se lle da voltas a unha cousa sucede o único que sucede cando nos limitamos a xirar pero sin mudar de dirección, que acabamos sempre no mesmo sitio por máis voltas que deamos. Estouno a comprobar en carne propia nestes días, nos que despois de casi nove anos dándolle voltas a unha relación profesional, persoal e sentimental acabei no mesmo sitio que o os primeiros meses que compartimos xuntos fai tantos anos: na máis total e absoluta das indiferencias. Chamábase Miguel. Agora é tan só un espectro do que foi noutros tempos, pero casi non me lembro da sensación de cercanía , de cariño, de seguridade que me proporcionaba telo cerca, e como o botaba de menos cando non estaba.
Hoxe voltou despois dunhas vacacións e eu xa levaba 15 días instalada , como a primeira vez ,tantos anos atrás, cando nos coñecimos. Daquela saiu do despacho e díxolle a unha compañeira "¿qué hace esta aquí?". Hoxe non dixo nada, pero supoño que pensou o mismo, para logo instalarse na comodidade que da a indiferencia e incluso certa dosis de desprecio ante unha situación que se nos presenta de entrada desestabilizadora e nada desexable..
Somos os mesmos de antes e quixémonos moito, deso non me cabe dúbida. Compartimos de todo en escenarios e tempos ben distintos, e despois de tanto xira que te xira da noria , somos outra vez dous descoñecidos que se aborrecen sin máis; sin ganas de poñer da nosa parte nada para que a cousa mellore.
*
A indiferencia sucede cando lle da a gana, non é voluntaria nin racional, aparece na nosa conciencia, intálase nela sin pedir permiso e libéranos de cadeas que nos aflixian sobremaneira.
Hoxe a súa voz era un run run aburrido e monótono que me desconcentraba das miñas tarefas, dos meus pensamentos alleos por completo a él e ás súas inquedanzas. Hoxe molestábame a súa voz porque me aburría profundamente; era un intento patético e xordo de falarse a sí mesmo, de gustarse a sí mesmo; de sentirse a sí mesmo.
***
No hay comentarios:
Publicar un comentario