Sabía que despois da primeira semana todo sería rutina; agora só queda acostumbrarse a ela como a un ritmo musical que enche os nosos días, a retazos, sin pausa pero con treguas para descansar.
*
Ao final sí que vai vir, de feito está chegando.
*
A primavera instalouse en todas as cousas e a xente anda revolta. O meu móbil non para de rexistrar chamadas perdidas de homes aos que fai tempo que esquecera e a vida parece que aparcou a ironía conmigo para brindarme unha pequena posibilidade.
A el, precisamente a el, nesta encrucillada de días de sol e tardes máis longas que anuncian xa o verán, tiven que dicirlle adeus unha vez máis. Non porque desexe perdelo de vista, senón porque ao fin comprendín que el non vai a namorarse nunca de min e eu non vou miralo nunca con ollos de simple e pura amistade. Todo era unha farse, unha finxida amistade na que eu procuraba caricias e olladas de desexo e el...quen sabe. Quizais a miña teoría sobre as súas dúbidas sexa certa, pero eu non estou para dúbidas, porque é primavera , por fin, e o meu móbil vomita chamadas de homes que ainda que non me gustan fanme sentir polo menos desexada.
Hai un tempo no que a dúbida convive ben coas inquedanzas das persoas, pero xusto agora, quero vivir, moverme , ser felir, sentir máis alá da esperanza e a paciencia. Quero tocar a realidade coas mans e non podo navegar entre as dúbidas dos outros; xa abonda coas miñas.
*E foi así como saiu da miña vida outra vez. Esta vez porque nin siquiera soupo deixarse querer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario