Hai semanas que non se parecen a nada pero que van quedar na memoria (individual, a miña e na colectiva, de todos) por cada un dos segundos que nelas se sucederon. Hai semanas que ulen a primavera e promesas de futuro e que alongan os días menstres van tecendo un inquedante e misterioso mañá no que ainda caben as caricias.
Xapón sigue loitando contra as pantasmas que o acechan, a ameaza atroz da enerxía nuclear contaminante despois da devatación dun temblor abobinable.A xente demostra naquela illa que a pasta da que estamos feitos é especial, que non hai límite para o aguante humano e que dentro de cada home está inmersa a súa capacidade para reconstruirse unha e outra vez, as veces que faga falta. Procuro aprender de Xapón, e confiar en que esta vez o tempo ,lonxe de ser un lastre ou unha condea, se convirta no meu aliado.
Entre tanto sigo confiando na xente. Eu xa sabía que o home albergaba dentro forzas misteriosas e extraordinarias, sempre creín na súa bondade en xeral, e agora que me toca ter paciencia conmigo mesma e non precipitarme a abismos innecesarios, poño todas as miñas esperanzas nesta confianza cega que teño na humanidade.
*
...xestos pequenos que duran uns escasos minutos e que che enchen os ollos de bágoas, de emoción.
-¿ Me puedo sentar ?
-Si, claro.
E logo unha conversa pequena, casi un monólogo que eu escoitaba contendo as lágrimas para non ter que derrumbarme detrás daquela mesa fría naquel ambiente tan hostil. Era unha man tendida, arroupando os meus temores coa súa voz, dende o cariño dun pasado que deixamos escapar entre os dedos sin casi darnos conta. Todo é recuperable, pensei. E naqueles minutos, o tempo quedou detido e o seu rostro recuperaba a cercanía doutros tempos -felices tempos- e non había nostalxia nin tristeza polo que perderamos no camiño , senón unha ocasión perfecta para refacer a nosa vella amistade e para aprender en carne propia o que é a solidaridade.
*
Esperas demasiado de min, díxome. E eu non soupen explicarlle que non é así, que non agardo demasiado, polo menos non naquela tarde de luns á que seguiría irremediablemente un martes-abismo ao que tería que caer inevitablemente. Tiña medo, un frío na alma e unha tristeza rara, que non me deixaba casi nin moverme. Naquelas circunstancias eu non esperaba nada del , nin siquiera o que fixo, que era o único que eu necesitaba: quedarse conmigo.
Quedouse alí, sentado no meu sofá, compartindo a miña manta de ver a tele, falando de cousas sin importancia e de cousas con importancia , deixando escaparse caricias nas mans, nos pés...Aparcando a tensión sexual ben lonxe, para non estropear o momento, para finxir diante de nós mesmos que somos amigos e poder así compartir o paso das horas sin ter que facernos preguntas nin promesas nin reproches. E no fondo, qué máis da que el me bique ou non, si o importante é que se quedou alí e que me deu un abrazo intenso cando o necesitaba.
*
Nove chamadas perdidas nun día e medio prodúcenme certa inquedanza. Non contesto ao teléfono, en parte porque as horas das chamadas parecenme intempestivas para o meu ritmo de fin de semana, en parte porque teño medo da conversa, do que quere dicirme, do que quere propoñerme ao outro lado do teléfono.
Sei que seguirá chamando ata que eu conteste e mesmo quizais siga insistindo ata conseguir quedar comigo ; dinme conta de que é perseverante. Penso no irónico que me resulta todo esto, que me chame insistentemente alguén que casi non coñezo e que me importa un rábano e sin embargo os homes que me interesan non sexan capaces nin de pedirme o meu número de teléfono.
Todos deberiamos de ter unha oportunidade, o home das nove chamadas perdidas tamén. A próxima vez que soe o teléfono -non tardará moito- contestarei e escoitarei o que ten que dicirme.
1 comentario:
Nena, tenemos que quedar!!! yo me he quedado sin teléfono, ya te contaré. Por eso estoy incomunicada.
Besitos reina!
Publicar un comentario