¿Por qué hai mañá unha folga xeral? E non só por qué senón ¿contra quen? En principio as respostas serían claras, a folga é a resposta directa a unha reforma laboral que todos xulgamos como negativa e pouco beneficiosa para os traballadores, e polo tanto unha folga que se fai contra o goberno, impulsor da citada reforma. Pero despois da simpleza desta primeira explicación hai que ter en conta certas precisións que non carecen de relevancia. En primeiro lugar, a resposta á reforma laboral dos sindicatos chega tres meses despois da aprobación desa reforma, e sin ningunha posibilidade de que a folga teña como consecuencia a modificación da reforma, pois ésta ven imposta dende a Unión Europea tendo o goberno as mans completamente atadas. En segundo lugar, unha folga xeral impulsada pola esquerda non quere dirixirse directamente contra o goberno , posto que coñece ben que si alguén apoia a actividade sindical son precisamente os partidos de esquerdas. De feito o PP pasa de puntillas por esta folga xeral pero busca sacar beneficio electoral dela, e hoxe as declaracións de Rajoy pasan simplemente polo de sempre, pedir adianto das eleccións, sin ofrecer solucións nin propostas de ningún tipo.
Os sincidatos cumplen co seu papel, algo que convirte a folga de mañá nunha simple cuestión de imaxe, tan ineficaz como necesaria, posto que a pretendida reforma que se pretende coa folga non só non se vai dar, segundo as propias palabras do Presidente, senón que ademais é imposible, xa que foron os mercados eurpeos os que obrigaron a estas medidas.
Moitos falan nos últimos días de folga pactada, pois realmente a convocatoria era inevitable,como dicía antes por imaxe, pero ao mesmo tempo é convocada dun xeito forzado, tardío que carente de eficacia. A folga convírtese así na escenificación dun escenario democrático no que se pretende demostrar que a democracia está por riba dos mercados, a escenificación dunha obra de teatro necesaria, pero que a estas alturas ninguén cre,e que en nada se parece por exemplo á folga xeral do 2002, na que días despois Aznar cambiou algunhas das medidas e puxo na rúa ao ministro de traballo. Desta folga non se esperan tales consecuencias.
E certo que a reforma laboral se aparta da trexectoria política diseñada por Zapatero, pero tamén é certo -e feito coñecido ademais polos sindicatos- que ao goberno non lle quedou outra que adoptar estas medidas moi ao seu pesar. Por iso o retraso de tres meses, para non facer demasiado daño ao goberno e ao mesmo tempo non deixar de cumplir co seu cometido.
Que a folga será un fracaso, seguro, si por fracaso entendemos que non haberá reforma da reforma . Pero o realmente lamentable non sería que Zapatero perseverase nas medidas adoptadas, feito inevitable si queremos manternos entre os parámetros económicos fixado pola UE e o FMI, senón que o PP sacase vantaxe política do 29-S.
Dende un punto de vista práctico a folga é inoperante. E tamén o é dende un punto de vista político , polo tanto os debates aos que asistimos nestes días sobre a folga son de todo diferentes a outros debates previos a outras folgas xerais que se deron en toda a historia da nosa democracia.
A folga de mañá é polo tanto un acto simbólico ao que se ven obrigados os sindicatos e que Zapatero é consciente de que ten que soportar, pero que non vai traer maiores consecuencias, salvo -cousa que debemos evitar- que sirva como reforzo electoral e político dun partido que deixou ao goberno só frente á crise e que se dedica a desacreditar non só ao goberno senón tamén aos sindicatos, pero pretende sacar tallada fácil dunha folga sin nin siquiera posicionarse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario