Cando me paro a pensar na miña propia vida, teño que ser sinceira, asoma un vértigo que non se asemella a nada, un escalofrío, certa desazón. Pontevedra comeza a ser máis nostalxia que presente, e cando penso nas súas cousas particulares, esas que a fan diferente de calquera outro lugar do mundo, non podo evitar sentir algo de mágoa porque no fondo sei que é un lugar perdido para min, que xa só terá sitio na memoria. O Ravachol é unha desas cousas que fan de Pontevedra o que é. Cidade dos mil diaños que acabou convertíndome a min á súa fe particular. Porque Pontevedra é unha maneira de sentir e de vivir, que ainda que ás veces provócame certa repugnancia, outras non podo máis que sentir certa tenrura ante as súas excentricidades.
Dende a distancia, botei de menos o entroido de Pontevedra, a presentación do Ravachol na praza da Peregrina, a recreación da botica...Non podía deitarme esta noite sin saber de que ía vestido Ravachol, e cando lin no xornal dixital a noticia e vin a súa foto, asegúrovos que sentín unha punzada pequeniña no corazón. Morriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario