Non ando ben de todo conmigo mesma, pero a actualidade desta semana, queira unha ou non, fana despertar de vez , salir do letargo ainda que sexa dun xeito superficial e caótico. As perliñas públicas desta semana de supertemporal son moitas e variadas, e eu ,algo ausente por problemillas de saúde, subíme ao carro das noticias tarde e mal, pero non por iso deixei de divertirme poderosamente con todo o acontecido nesta semana do 23 F. Comezou a semana con esa xoia vertida pola boca de Rosa Díez, esa muller que se pode definir simplemente como Rosa Díez no sentido máis peiorativo do término. Rosa non só non rectificou nin pediu disculpas, senón que xustificou o seu xesto de referirse a Zapatero como "gallego, en el sentido más peyortivo del término" alegando que se refería a que non sabía si subía ou baixaba, pero sin ter intención en ofender aos galegos. Non hai moito que dicir. Agora sei porque eu ando sempre mareada, pensaba que era porque ás veces non funciona ben o meu corazón, pero non, é porque son galega e os galegos así andamos , que non sabemos si imos ou voltamos, si subimos ou baixamos...Gracias Rosa por aclararme tanto a miña propia estupidez.
Pero de todas as novas, a que máis me alegrou o xesto, foi a do cacharrazo (afortunadamente non pasou nada) que lle atizou Uriarte a un coche en pleno centro de Madrid, conducindo baixo os efectos do alcol. Vale que esto pásalle a calquera. Vale tamén que eu son a primeira que se chuza e que perde o sentido , pero a diferencia é que eu non son membra dunha comisión de seguridade cidadá nas Cortes Xerais, nin tampouco presidente das Novas Xeracións do Partido Popular. O rapaz, pobriño, ten certa intolerancia ao alcol, e claro, eso xogou na súa contra. Dúas cervexas que lle costaron unha semaniña de non te menees e a dimisión da citada comisión. A acta de parlamentario non, que tampouco bebera tanto. Para dimitir de diputado, polo menos farían falta un par de "güisquis".
Queda a piques de que remate a semana a ameza da chamada cicloxénesis explosiva, que sin saber moi ben en qué consiste doume conta ( ainda sendo galega) de que debe ser unha cousa ben mala, que nos porá en alerta vermella toda a fin de semana. Ameaza por tanto a climatoloxía con máis vento e máis chuvia, con máis roturas de paraugas e xornadas de televisión e sofá. Con este panorama por diante, espero poder quedar tranquilamente refuxiada no meu furado, madurando o meu novo "estado avestruz".
No hay comentarios:
Publicar un comentario