28 febrero, 2010

O día despois, con An Education na memoria

Pasou a cicloxénese explosiva pola nosa comunidade. A verdade é que aquí non se deixou sentir moito, pero a xente fixo caso ás recomendacións e permaneceron nas súas casas, conferíndolle á cidade un estado de insólito silencio e baleiro. Parecía un día deses , non festivo, senón de folga xeral; un día en extremo raro, como si tocasen toque de queda e todos tivesen medo de saír. Así que, neste panorama inusual, os máis osados disfrutamos dun día atípico que nos levou a ver unha gran película e a un café con confidencias que me soupo a gloria. Lembrarei o día de onte, sen dúbida por moitos motivos, pero sobre todo como o día da cicloxénese, a noite da cicloxénese, e a madrugada da cicloxénese. Hai fenómenos atmosféricos que se fan sentir dun xeito extraordinario nas nosas conciencias e que repercuten queiramos ou non, nos nosos actos. Polo menos a min gústame crer que é así, que onte foi así.
*
Algún día contarei en pasado o que sucedeu tan só fai unhas horas...porque as historias que ainda non están maduras, que ainda non foron asumidas de todo, non deben contarse. Unha historia cobra vida e explendor cando se narra dende os entresixos da memoria, cando se vai desgranando como unha evocación doutro tempo, con certo misticismo e parte de nostalxia. Hoxe é cedo para recordar, cedo para reconstruír os muros que se derribaron coa miña cicloxénese particular. Todavía chove , e o vento ainda acaricia o domingo , resistíndose a abandonarnos sin pelexar ata o final.
*
Os domingos teñen esquinas, como todo. As veces esas esquinas poden ferirnos máis fondamente se non nos andamos con ollo. Pero hoxe non. Hoxe queda o regusto dunha gran película na retina, desas que ao tempo que as ves, te van mudando por dentro, desas que te fan emocionar. Deitaste coa emoción contida desa historia que che chegou a través da pantalla grande dun cine, e co temor tamén de que cando despertes esa emoción xa non esté ahí. Casi sempre sucede, a emoción evapórase nun domingo gris , anodino, cheo de planes que comezan a superarme...Eu quería tomarte tres pastillas e deixar que o domingo pasase de largo como un suspiro irrelevante. Pechar os ollos e pensar no aire afrancesado da "lolita" de An Education, mentres se achega un luns máis...unha semana máis...Pero non sempre é posible, e agora toca subir a un coche rumbo a un restaurante ,con amigos que van rir e divertirse e convertir o día de hoxe nunha minifesta, alleos por completo aos efectos devastadores que a cicloxénese deixou en min.

No hay comentarios: