19 julio, 2009

O destino é caprichoso, xoga con nós, sin reparos, sin tregua. Hoxe sinto o domingo nas costas, como unha lousa que me pesa demasiado. Teño fame de mundo, ou algo parecido. Ons xa non está nas miñas pupilas, e os soños doutro tempo romperónse de súpeto. Un sorriso antigo, a memoria dunhas vacacións máxicas lonxe da casa, algo parecido á felicidade...E nun segundo, os bicos dados deixan de ser a nostalxia dun tempo inesquecible para convertirse nunha tristura de xullo, baixo a noite de Portonovo. Son unha sentimental, dinme moitas veces, e eu non me creo tal cousa. Son o que son, merda¡¡¡¡
Perdín a conta da actualidade, iso que sigo a ler os xornais cando me caen nas mans, non importa que sexa o do día, calquera vale. O mundo non muda tanto no verán, e cando algo relevante -quero dicir algo verdadeiramente trascendental- acontece acabase unha enterando demasiado cedo. As veces é mellor non saber, deixarse estar tranquila baixo o sol intermitente -cabrón- e non pensar no que sucede máis alá dos nosos fuciños. As novas chéganme tinguidas dunha especie de irrealidade, certo pasotismo, certa superficialidade: un suicidio en Suíza dun matrimonio inglés, unha tractorada hoxe outra mañá, que si ven un anticiclón que si ven unha borrasca...
Quizais é preciso sentir a vida deste xeito, sin demasiadas pretensións, afogando penas nunha xarra de cerveza si doutra maneira non é posible. E buscando sempre ese punto de xuventude perdida, nas rúas bulliciosas no medio da noite, nos longos paseos, nas conversas con amigos tirada na praia nunha tarde de resaca...Creo que esto ten algo que ver co verán.

No hay comentarios: