O ano pasado, nun fin de semana coma este, estando eu en Chueca disfrutanto da festa do orgullo gay, achegouseme un brasileiro impresionantemente guapo, de casi metro noventa de estatura, pel morena e pelo perfectamente trenzado , e cunha dozura na voz que camelaba tentou conquistarme loubando a miña beleza e simpatía. Por si quedaba algunha dúbida das súas posibilidades mostroume un recorte publicitario no que él sobresaía como modelo principal dunha promoción non lembro agora de qué. Non lle bastaba con desplegar os seus encantos brasileiros, ese exotismo que teñen dun xeito xenético, senón que pensou que tería máis éxito si me restregaba que ademais de alto e fornido era famoso. Non entendía moi ben por qué un home tan vistoso se achegaba a unha moza tan insignificante coma min, ata que , no medio da conversa, soríu abertamente mostrando unha sonrisa ampla ,cuns dentes grandes e perfectos, e no medio mesmo da boca, un burato escuro reflexaba a ausencia dunha das pezas, convertindo ese soriso nunha mueca fanstamagórica e horrenda. Aquel belezón de home viuse na obriga de baixar o listón pola falta dun dente, e por ese mesmo motivo conformábase cunha muller coma min e non aspiraba a unha daquelas rubias de metro oitenta que lucían vestidos mínimos e altos tacóns.
E o certo é que eu non puiden con ese burato, e dinme a volta para seguir ao meu coma si nada.
Esta fin de semana un home espectacular fíxome unha proposición deshonesta. Pensei que a ese home eu lle diría que si incondicionalmente , de aquí a eternidade, sin embargo, ao lembrar a ese modelo brasileiro que tiña que apoiar o seu físico con fotografias de épocas de gloria, dinme conta de que quizás eu tamén son superficial e que calquera home , por moi guapo que sexa, está a un dente de facerme perder o interés.

No hay comentarios:
Publicar un comentario