Na aldea o tempo discurre lentamente, e nesta calma de días iguais o pensamento plégase ao ritmo das horas como si fosen , tempo e pensamento a mesma cousa. O vento move as follas do carballo que está diante da fiestra, fóra fai frío, a pesar de ser xullo e de facer un día soleado. En Lugo a calor nunca é agobiante, pero este verán estase resistindo máis da conta. Non da chegado o condenado.
No inverno tiña moitas espectativas postas neste verán, e agora, que xa o temos encima, vexo que non vai a traerme nada do que esperaba. Sin embargo cae unha na conta de que esperar demasiado é un erro. Trátase tan só de vivir , vivir no presente pensando o xusto no futuro, e agarrándose ao pasado tan só cando sexa moi necesario. A nosa vida é o que está sucedendo agora mesmo: o vento soplando sobre a aldea, ese antigo amigo da facultade no chat contándome cotilleos doutros compañeiros, o olor a café recén feito, a nostalxia dos últimos bicos que me deron...
Non quero levar o meu pensamento ao cáncer, nin á tristura, nin ao desamor. Non paga á pena. Positivizar os momentos é o mellor que se pode facer para loitar contra a adversidade. Estou na miña aldea , e ademais de disfrutar da compaña dos meus pais estou dedicándome a recuperar a calor de amistades antigas, aquelas amigas do instituto que o tempo e a vida foi alonxando de min. Pero sin embargo, podemos xuntarnos de novo, tomar un café, e deixar fluír unha conversa na que cadaquen vaia narrando a súa vida ata poñernos ao día, ata voltar a ser as mesmas amigas que éramos. Falamos do traballo, do amor, dos fillos que ainda alguhas non tivemos...Dos soños que se quedaron polo camiño.E curioso o rápido que se recupera o tempo perdido cando a amistade tiña raíces profundas. Bastan uns minutos para recobrar o tacto da outra persoa, para recoñecela , para recuperar os afectos esquecidos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario