Trouxen na maleta,
olor a humidade dun hostal e
a chuvia toda dunha cidade nas pupilas.
Trouxen unha bufanda con cheiro
a perfume caro de home,
e uns bicos con olor a fracaso,
e unha conversa longa sobre
a incomprensión da humanidade,
e os balcóns dun conde
nunha noite de Halloween...
Trouxen un abrazo de despedida,
un "non cambies nunca"e
un "non che conveño".
Trouxen as respostas e deixei as preguntas
na barra dun bar, nunha esquina da plaza Maior,
nun coche cheo de monstruons inofensivos,
na cidade enteira, en cada recuncho...
coa felicidade palpitando na memoria
como unha certeza extraña e inexplicable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario