Teño nostalxia de tódalas cousas que aconteceron. Nostalxia de Johannes, que debía de se-lo home máis guapo do planeta, disposto a pasar as súas últimas tres horas en Lisboa conmigo. Nostalxia do Fernando, que sin ser un home guapo era un home moi fermoso por dentro, deses que se coñece un cada vinte anos. Porque homes teño coñecido moitos, máis este tiña peculiaridades que nunca esquecerei. Gustoume coñecer a súa historia, contada coa naturalidade coa que se contan as vidas que un mesmo xulga felices, máis eu púxenme triste ao escoitala. Un africano sin patria e sen familia, construíndo un futuro noutro país, vivindo simplemente unha vida normal; a mesma que eu rexeito, qué cousas, ¿verdade?
Nostalxia ao fin e ao cabo dun país diferente, dunha cultura distinta, dunha luz, doutras rúas e outras voces. Doutra maneira de divertirse, e mesmo doutra maneira de sentirme desexada, como nunca antes me sucedera.
1 comentario:
Reina, te llamé para hablar contigo y ver qué tal te iba, porque hace un montón que no quedamos. Pero están missing. Me encontré con Vane y ya me comentó que os íbais a Lisboa.
Yo me voy a Canarias el próximo fin de semana, pero si quieres, nos podemos ver éste.
Y así me cuentas las aventuras portuguesas, que algo ya he leído.
Besos.
Publicar un comentario