29 abril, 2010

Abandono Pontevedra como quen abandona un mundo para entrar noutro. Quizais sexa eso certamente o que fago , quizais San Lorenzo sexa outro mundo ben distinto deste, e a miña vida alí sexa outra vida.
Ao fin todo se reduce a iso, en adaptarse ao medio no que nos toca vivir -ou no que nós mesmos dalgún xeito eleximos- e plegarnos mansos ás súas rutinas, as súas maneiras de desenrolarse.
Sí, alí a miña vida é outra vida. E outra vida en cada sitio ao que me traslado cunha maleta. Máis conmigo nesa maleta viaxan sempre -os máis fieis compañeiros de traballo- os meus medos e as miñas inquedanzas. Sempre son eu cargando con esa maleta, acomodando ao chegar a cada destino cada un dos sentimentos que conmigo viaxan no cuarto que vai acoller en diante os meus soños. Unha pinga de nostalxia sobra a mesa de noite, un pouquiño de ansiedade sobre as sabas, un anaco de pánico xunto ao interruptor, un golpe de infortunio no pasillo...
***
Os últimos bicos que din non se pareceron a nada. Mesmo non foron nada. E foron todo. Suficiente para poñer en marcha a noria de emocións que é esta existencia miña. Non importa o nome do home ao que biquei. Importa tan só a precisión dos nosos beizos pegados, a realidade tibia deses bicos entre susurros, a liña perfecta da súa boca sorrinte...
Trémeme o corpo todo ao recordar , máis eu non son romántica, más ben son propensa ao enamoramento, e con certa inclinación cara a sensualidade e tamén a sexualidade. Máis nada.
Os últimos bicos foron efímeros e eternos ao mesmo tempo. A penas duraron uns minutos pero sin embargo traspasaron tódalas fronteiras do tempo. De feito perduran ainda en min como si todavía se estivesen sucedendo.

No hay comentarios: