11 abril, 2010

Hai esceas que acontecen na vida real que mesmo parecen quitadas dunha película de Almódovar ou de Woddy Allen, non sei que será peor. O meu cuñado sempre me di que as miñas historias cotiás teñen moito do cine de Almodovar, esa caspa e ese humor bañado de surrealismo, vamos toda unha gozada. Eu sempre pensei que o meu cuñado esaxeraba, que a cousa non era para tanto e que quizais a miña vida simplemente non compartía o mesmo molde ca súa, máis nada. Pero ás veces unha sorpréndese definitivamente e sí, cae na conta de que algo raro hai no discurrir dos días , e tamén das noites, sobre todo das noites. Cando imaxino que nada máis extraño pode xa acontecer, pois véxome asaltada no medio dunha crisis etílica que me estaba levando mesmo ao borde da morte, por unha muller que entra nun local acompañada do seu mozo. O mozo , que noutros tempos viu con certo estupefacción e envexa como desfilaban polo meu corazón cada un dos seus amigos, sin que el tivese a máis mínima posibilidade ( e esto dígoo con moita humildade, porque ainda lembro a cara de extrañeza que se lle quedaba ao pobre ao non coseguir el nin cinco minutos de conversa conmigo, mentres os seus amigos tíñanme completamente namorada) tivo que asistir a un espectáculo que imaxino lle pareceu tan insólito como a min. A súa moza recibiume cun amplo sorriso , colleume da man e díxome unha e outra vez que era guapísima. Non paraba de repetilo, como si de pronto estivese poseida , tivese unha revelación ou entrase en trance. "Qué guapa eres, qué guapa eres..." Por suposto que estaba borracha, e quizais algo máis. O caso é que eu non soupen reaccionar. Ollaba para o seu mozo cun sentimento de culpa que non acabo de comprender, e deixábame levar pola música e por ela que me abrazaba e me daba xiros nun intento de bailar unha especie de rumba. Logo irrumpiu , para completar a estampa, unha canción de Rocío Durcal, e a ritmo mexicano ela cantábame ao oido " me gustas mucho/ me gustas mucho tú /tarde o temprano seré tuya / mía tu serás".
Baixei a garda. Non fixen unha análise da situación e sobre todo non vaticinei a catástrofe. O certo é que estaba divertíndome moito e non me din conta de que ela estaba cada vez máis cerca de min, cada vez máis feliz e cada vez ía baixando máis as mans dende a miña cintura ata rematar bastante máis abaixo. Foi así como me sorprendeu un bico. O primeiro foi tímido, insinuante, fugaz. Apenas un pico inocente sin importancia. Eu ollei ao seu mozo, que non miraba. Estaba entretido falando co dono do local e parecía non estar demasiado preocupado polo baile da súa moza conmigo. O segundo pilloume con máis ganas. Un morreo en toda regra, deses que quitan o sentido e que mesmo te marean si levas no corpo unhas cantas copas de máis. Cando abrín os ollos foi como despertar dun soño e toparme de bruces coa realidade. Os ollos del, do seu mozo, clavados en min. El , e a mesma cara de extrañeza doutros tempos, cando non conseguía nin cinco minutos de conversa conmigo, mentres os seus amigos tíñanme completamente namorada.

No hay comentarios: