Comezo
sempre o xornal pola contraportada, é a miña maneira de marcar o ritmo que lle
quero dar as cousas dende o principio, así son eu, así piso, así me rebelo
contra todo. Porque hoxe a rebeldía debería ser algo máis que manifestarse nas
rúas e ir a manifestacións. Hoxe a rebeldía ten que sentirse e palparse dende a
primeira hora, acompañando ao fume do café ás oito da mañá , cando o xornal
todavía ule a imprenta e os ollos ainda non se abriron de todo. E ahí é donde
comezo eu a rebelarme contra todo,
contra o goberno que nos caeu enriba –que nos botamos enriba a golpe de maioría
absoluta- contra a oposición que se desgasta en trifulcas internas en lugar de
plantarlle cara a Rajoy…Contra todo, porque todos os frentes están abertos, ou
a punto de abrirse, cun presidente ao frente que ameaza e lapida os nosos soños
cada venres. E por iso eu comezo pola última páxina, que sempre é un alivio
antes de enfrentar os titulares que acabaran por destrozarme –procura estar
relaxada, díxome a cardióloga- cada día un pouco máis.
***
Hoxe
é venres de dolor no panorama patrio. Sairá Rajoy do escondrixo a cumplir co
prometido – “todos os venres , recortes”- e nós falaremos de política nos bares
, nos autobuses e nos ascensores sin saber que estamos falando de política.
Falaremos do pago da comida nos hospitais, de si un enfermo pode sufragar o
custe que lle suporía un ingreso de dous ou tres meses si só dispón dunha
pensión mínima ou dun soldo base. Falaremos de pagar peaxe para ir polas
autovías cada días aos postos de traballo. Falaremos dos catro cafés que os
pensionistas deberían deixar de tomar para poder pagarse os medicamentos.
Falaremos dos traballadores que se van ao paro cada día. Falemos dos xóvenes
que non atoparon todavía o seu primeiro emprego. Falaremos dos pais que ven
incerto o futuro dos seus fillos e que comezan a facer cálculos para caer na
conta de que difícilmente poderán envíalos á universidade. E nestas conversas de café, iremos
descubrindónos a nós mesmos, a esa clase
media acomodada e conformista que aseguraba
vivir á marxe da política e que aseguraba cando lle preguntaban pola súa
intención de voto que todos son iguais, que xa non podemos continuar mirando
para outro lado e xustifiando o noso pasotismo con que a política é cousa
duns poucos. Porque ao final tratábase
disto, de ter que pagar ou non o tratamento para o asma , de ir a un
hospital e ter garantizada a tua nutrición e hixiene ainda que non poidas
pagalas. Por iso hoxe non se fala doutra cousa máis que de política,
algo que parece que comezamos a descubrir que é cousa nosa, dos nosos votos,
que se foron en masa para o PP e xa se encarga Rajoy de recordarnos que por eso
ten a maioría e fai e desfai como lle da a gana. E agora, de venres en venres afogamos en
recortes, e no malestar xeral hai un
pouso de nostalxia e unha punzada de culpa silenciosa. Hai quenes botan peito e
din que as reformas son necesarias, pero en xeral, todos saben que apretar aos
pobres de pedir vainos levar a todos ao
abismo. E por iso falamos máis que nunca de política, nós, que pasábamos de
todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario