07 mayo, 2012

¡VIVE LA FRANCE¡


Hollande significa hoxe, máis que nunca, esperanza. Porque hoxe toda a socialdemocracia europea mira cara a Francia con felicidade e optimismo, deixándose sentir por primeira vez en moito tempo aliviada e mesmo eufórica. París convertiuse nunha festa de puños con rosas, que celebraban a victoria socialista despois de 17 anos. Pero a victoria socialista era algo máis na madrugada de onte, era a esperanza dunha Europa que se afunde nunha austeridade que Hollande calificou de fatalidade. O estado de bienestar que caracterizaba o sistema económico europeo fai augas coa crise e os dirixentes europeos non foron quen de buscar o camiño para restablecer a saúde económica e financieira de Europa sin dañar os pilares básicos do estado social. A austeridade condenounos a recortes que nos convertiron  en insolidarios e pobres, cada vez máis pobres. E no medio da miseria, por toda Europa aflorou a ideoloxía ultradereitista dándolle a volta a sociedade como se fose un calcetín.
España, con só uns meses de goberno do PP, xa non a coñece nin un apuntador. Convertímonos nus país gris, triste, que se encorva sobre sí mesmo, que perdeu a chispa, que non cre na esperanza e comeza a non crer nas persoas.  Camiñamos rumbo ao abismo, e non se ve luz ao fondo. E entón, Francia abre unha fiestra a novos plantexamentos, a novas políticas, a novas posibilidades. E todos miramos a Francia nesta mañá de 7 de maio, para sentirnos algo libres ao fin, e como xa aconteceu antes no pasado, o canto de esperanza dos nosos veciños franceses convértese no noso propio canto de esperanza. Hoxe  máis ca nunca  ¡vive la France¡

No hay comentarios: