o corazón suspendido, nun latexar que me permite escasamente tomarme un café insípido ao despertar e meter ao longo do día pedaciños de comida no estómago para non morrer de inanición...pero non é vivir esto, así , co corazón agardando o seu momento, a sentencia definitiva de amor ou desamor, e saber por fin si hai que desarmarse de todo e emigrar lonxe na procura doutra calor.
non é sentir esto, non é amar esto, non é vivir esto que me sucede cada día , pegada ao lado do teléfono, co ordenador encendido e o sorriso pintado, por si acaso
eu, que unha vez fun feliz neses ollos marróns que parecían amarme, agonizo agora na ansiedade do que está por vir, esa incertidume dos bicos que non chegan e das palabras que xa non serven de nada...as promesas perderon a consistencia que tiveron noutros tempos de anxiolítico e antídoto, e sin colchón ningún, agardo o principio, ou o fin...ou a nada que traen os días baleiros sucedéndose un detrás doutro.
entre tanto...levantome, tomo un café, vou e veño aos meus asuntos, falo con xente, bebo cerveza e aprendo que o amor non ten nada que ver coa felicidade....
No hay comentarios:
Publicar un comentario