12 noviembre, 2011

Cae unha na conta de que o amor é simplemente unha especie de laberinto, de xeroglífico casi indescifrable polo que camiñamos con pés de plomo. O amor hoxe non me parece unha mentira, pero sin embargo , a súa realidade faiseme espesa e amarga, difícil de tragar. O amor non correspondedido é obsesión, non amor , dixen moitas veces. E agora, a dúbida que se me plantexa, enorme e rotunda, e saber cando o dichoso amor é correspondido de verdade. ¿Cando o tempo de espera deixa de ser tempo de espera para convertirse en abismo insondable para sempre? ¿Cando a ruptura tácita se fai oficial entre os amigos e os ligues do pasado? ¿Cando se abre a veda para o sexo sin amor ás seis da madrugada para olvidar?

*
"_¿Puedo llamarte mi amor?"

*

E logo están esas historias que se van construíndo co paso do tempo, casi sin que nos demos conta, sin cariño e cun respeto exquisito que costa comprender aos extraños.

No hay comentarios: