Non tardou moito en sertir que a estaba descubrindo por completo, coñecía xa os resortes máis íntimos do seu placer e coñecía tamén a maneira máis fácil de que lle asomaran as bágoas. Esa era a súa loita, evitar ese momento fatal no que ela xa non podía máis e rompía a chorar para liberarse de todas as pantasmas.
Pasaba lentamente a súa man sobre a perna dereita e descubría con suma satisfacción que cada un dos seus peliños estaba erizado, era o sinal da culminación física do placer, e él , con esa certeza absoluta de que estaba satisfacéndoa, continuaba feliz e relaxado camiño do seu propio éxtasis. Quizais o amor se trataba tan só diso, de ir sumando un día e outro e outro, e ir aguantando as ganas de manterse xuntos, de ollarse un ao outro, de deitarse xuntos e despertar xuntos ainda que fose despois dunha mala noite.
Ela recoñecía o amor noutros xestos menos tanxibles pero moi clarificadores. Adoraba o seu cheiro pola mañá, ese cheiro que se lle pon a quen máis e a quen menos na boca, e mesmo na pel despois dunha noite de dar voltas e sudar por culpa do calor e os problemas cotiás. Abrazaba aquel corpo que ainda durmia con forza, e abrazaba sobre todo aquel cheiro do amencer , desexando empaparse del, para levalo na súa memoria para sempre.
E él convertíase nun ser fráxil nese mesmo instante, no que percibía que ela non precisaba máis que o seu cheiro para ser feliz, e pedíalle un abrazo forte, moi forte, que lle dese a seguridade que finxía ter en todas as cousas.
Os brazos dela eran delgados e fráxiles, a penas chegaban a rodealo por completo. Non abrazaba con forza-eso pensaba el. Pero el fixaba todos os seus sentidos naquel abrazo primeiro da mañá. Percibía a suavidade da súa pel, a calor da súa respiración no pescozo , e o susurro da súa voz que lle falaba de calquera cousa pero que el non escoitaba, só se deixaba arrullar por ese son, sin importar o seu contido. Deixábase durmir un pouco máis, acunado pola súa voz e protexido por ese abrazo. E entón tiña que dicirllo no medio do sono: quérote.
No hay comentarios:
Publicar un comentario