Catorce de agosto e temperaturas máis parecidas ás de xullo que ás de esta época do ano. De feito Galicia fixo o que non fixo en xullo, que foi arder; porque xa estaba sendo sorte demais esto de pasar o verán sin incendios significativos. Intento evitar a actualidade, convertirme por decisión propia nunha especie de ser inconsciente que pasa pola vida sin pena nin gloria, allea por completa ao que acontece no mundo que a rodea. Pero nos tempos que corren ata permanecer allea ao mundo é bastante complicado. Soan os ecos do nome de Dorribo por todas as esquinas, como unha pantasma que é capaz de facer tremer as cúpulas políticas de goberno e oposición por igual; porque é ben sabido que a corrupción non entende de cores nin siglas nin ideoloxías.
E Gallardón, catro anos despois , gana a batalla que xa todos daban por perdida. Porque en política os tempos son cíclicos e extraños, e é tan importante o momento como saber manterse ahí o tempo que faga falta, agardando como un animal agazapado pola súa presa, sin importarlle o que esta tarde en aparecer. E Gallardón demostrou de sobra a súa paciencia, a súa calidade política, esperando sin desfallecer, para subir finalmente a un posto número catro por Madrid, despois de Rajoy, Soraya e Ana Mato. A subida de Gallardón as listas ten unha lectura máis ampla de cara ao resultado do 20N. Pois de gañar o PP -jajaja- hai moitas posibilidades de que Gallardón se convirta en ministro, o que implicaría a súa renuncia á alcaldía de Madrid que sería ocupada por Ana Botella. En fin.
*
E logo están as cousas do amor a revolverme tamén as tripas , como si non tivese eu xa bastante: O amor debería de traer felicidade, tranquilidade e constituír unha especie de bastón para axudar a subir costas, e sin embargo, no meu caso, o amor sempre se convirte nun lastre entorpecedor e desestabilizante que me pon nunha situación casi psicótica na que nada parece funcionar como debería. Si puidese, si estivese na miña man, renunciaría agora mesmo a calquera tipo de sentimento, eliminaríao das miñas posibilidades para sempre, como quen se fai de golpe unha lobotomía sin mirar atrás. E dende logo que conseguiría ser moito máis feliz
No hay comentarios:
Publicar un comentario