15 septiembre, 2011

Quedamos. No que respecta a min foi máis por levar as cousas ata o final, pola curiosidade por saber o que pode suceder si dou o seguinte paso que polo verdadeiro desexo. Pero quedamos e fixemos o que tiñamos que facer. As veces o humor é o único que pode salvar determinadas situacións que se foron enfangando soas, alleas por completo á nosa vontade. E nesas estabamos os dous, no medio dun rebote de mensaxes que parecían non conducir a ningures e que sin embargo nos levaron a un pequeno bar de carretera, discreto e escuro, sin miradas curiosas e sen obxectos coñecidos.

Cando un sabe ao que vai ás veces é mellor prescindir das palabras e ir directamente ao trazado do plan. Pero nós quixemos concedernos un ao outro un pouco de romanticismo, ainda que fose impostado, e collímonos da man por baixo da mesa mentres tomabamos unha cervexa e nos contabamos como nos foi o verán. Contruimos unha illa para os dous á vontade, con olladas que se convertían en caricias, e caricias que se alongaban máis alá dos lugares permitidos. E mentres tanto bebimos e rimos coma si non existise o futuro nin ninguén maís ca nós os dous, perdidos naquel bar co coche á porta agardando e unha reserva de hotel queimándonos as entrañas.

*

-¿E agora?

-Agora, ¿qué?

-¿Voltarei a verte?, quero dicir...Ti sabes o que quero dicir.

-Non depende de min, eres ti o que anda liado.

-Pensei tanto neste momento...Aquí, contigo...

-É demasiado complicado.

-Quero verte outro día.

-Eu tamén.

-Entón seguro que encontraremos a maneira , igual que agora.

*

Dinme unha ducha cando ainda non eran as once. Filtrabase a luz do sol pola fiestra e facía calor. Ollei a cama desfeita e imaxinei os nosos corpos alí, apenas facía un par de horas. Tantas promesas deixamos entre aquelas sabas, tantos "quérote" baleiros , tantas mentiras ao fin e ao cabo.

Vestinme e gardei no bolso os xabonciños e os botiños de xel do hotel. Recollín do chan un envoltorio de Control que quedara abandoado á súa sorte. Tireino ao lixo e saín daquel cuarto sin mirar atrás.

No hay comentarios: