01 agosto, 2018

Praia de Mogor

Viviron xuntos anos suficientes como para coñecerse ben a pel e o que esconde debaixo. Foron parella, namorados, amantes...e sobre todo foron amigos. O que máis me gustaba deles como parella era que falaban, falaban moitísimo e notábase que disfrutaban de conversar un co outro. Non precisaban moito máis que sentarse xuntos nun bar, cun café diante, e conversar. Pero nesa harmonía casi perfecta que tiñan nunca lles estorbaban os amigos. E así, pudien compartir con eles tardes marabillosas de praia, que remataban no chiringuito, entre risas, xogos de cartas e cotilleos varios. 
Un día ela queixouse. Outro día noteinos distantes. E despois dun par de anos ( qué difícil e deixar atrás ao que foi un amor pero que xa morreu) encontreime no medio dos dous, xestionando o seu desamor con frases feitas que non significaban seguramente nada. Porque ninguén sabe unha merda de desamor e cada historia corresponde só a dous. 
Hoxe estiven na mesma praia de cada verán. Con ela. Que está agora feliz e namorada doutro. Apareceu el cun amigo. El, que está agora con outra, feliz e namorado. E cando estabamos con medio corpo no mar, falando, como facemos sempre,- como facíamos os tres sempre-, el colleu aire. Levantouse e veu directo cara nós. Deume dous bicos mentres a miraba. E tímido díxolle tan só "hola". Non lle cabía máis amor nos ollos naquel instante. Ia derrumbarse e antes de que eso sucedese despediuse e marchou. 
Na meixela dela unha bágoa. Incluso eu estaba chorando por dentro.
Alí estaba o noso mar. No que os dous se mergullaban sempre mentres eu os agardaba na beira. O noso chiringuito - ao que hoxe acudiamos por turnos tácitamente estipulados para non coincidir-, os nosos recordos; e sobre todo, alí, nesa praia, estaba o que fora a súa histoira  de amor e de amistade. 
Sempre o digo, sempre o pensei: Un ex é para toda a vida.

No hay comentarios: