16 octubre, 2015

venres-túnel


Instalada sin querer nun venres-túnel que me está quitando o aire por momentos. Quixen sobrevivir como si nada e mesmo diría que o intentei coa vontade toda da que fun capaz. Pero eu non mando tanto como quixese. E sempre hai un abismo diante que me está tentando, que se me presenta coma un reto no suceder dos días. Especialmente nos días grises de neboeiro, coma o de hoxe.

Esquecín as túas verbas amables, que tiñan que ser tirita para a mesma ferida que ti me abriches no peito. Non sei si algún día tiven esas verbas entre os dedos ou si tan só soñei con que existiron, para curarme un pouco. Non sei nada de ti. Só que hoxe non encontro os teus ollos en ningunha esquina. E a mañá estase así transformando nunha búsqueda incesante da túa esencia, sexa en voz, en ollada, en papel escrito de traballo sobre a mesa. E sei que non hai remedio. Ao menos non hoxe. Porque eu quero. E busco. E síntome incapaz porque só me retumba na memoria o teu non  a destempo, descortés. Un non que te deixa en coiro frente ao home que escolliches para ilusionarte cada día e sacar forzas para saír ao mundo no medio do inverno que se aproxima. Un non que te humilla porque é moito máis que estar sin roupa. É ter xa a alma espida, e sangrando sobre as horas de rechazo sin esperanza. Un non que non ten o mesmo sabor que outros non. Cada non doe ao seu xeito. E este dóeme máis porque é o último. Non teño máis pasado cos  teus bicos. Nin máis futuro co día de mañán, cando o despertador ou mesmo o móbil, me boten da cama de maneira rutinaria, por obriga que non por gusto, e me devolvan á realiade da túa ausencia. Ti colgarás un video de whatsapp que pretende ser divertido, e eu botarei bágoas secas de impotencia, cos ollos ainda cheos de legañas. E así comeza o día. Sin outra certeza máis que a de que todo pode empeorar.

No hay comentarios: