30 octubre, 2015

Os bicos todos do meu mundo son sin ti


Non existen bares suficientes para que me afogue neles. Nin chuvia que me cause máis tristeza ca que me provocan os teus ollos que non me miran a min. Hoxe non. O gris é máis gris e non atopo a maneira de debuxar un futuro no que non estés ti. Eu contigo parecía un soño bonito para comezar o inverno. E agora, coa rotundidade das verdades que doen  sei que non vai ser. Nin eu contigo nin café nin conversa nin cigarro nin sorriso. E con todas as túas portas pechadas, fóra cae a chuvia con saña para acompañar o meu lamento. E eu debo aprender a convivir coas miñas feridas, deixar que se tornen cicatriz. E comprender dunha vez que o futuro é sin ti. Que o presente é sin ti. Que os bicos todos do meu mundo son sin ti.

No hay comentarios: